Galería Fotográfica

Xornada de peche de itinerarios e resultados de Empregatex

O mércores 1 de febreiro de 2012 tivo lugar no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia a presentación do balance de resultados do proxecto Empregatex.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, fixeron un balance do que se extrae que 500 persoas recibiron orientación laboral e 200 foron reinsertadas laboralmente.

Xornada de presentación do proxecto en Ourense

O venres 26 de marzo foi presentado en Ourense o proxecto EmpregaTex, a última das xornadas informativas iniciadas o martes en Vigo. O acto contou coa participación da Xunta de Galicia, COINTEGA - Cluster Textil Moda e os sindicatos UGT e Comisións Obreiras de Galicia.

Xornada de presentación do proxecto en A Coruña

A terceira das xornadas de presentación do proxecto EmpregaTex tivo lugar en A Coruña e reuniu a máis de 300 persoas interesadas en coñecer os programas e atopar unha nova oportunidade para o emprego.

Xornada de presentación do proxecto en Lalín

[lang]gl=A segunda das xornadas de presentación do proxecto EmpregaTex tivo lugar en Lalín. Os representantes da Xunta, COINTEGA - Cluster Textil Moda e os sindicatos UGT e Comisións Obreiras de Galicia participaron no acto presentando os programas e resolvendo as dúbidas das persoas participantes, promovendo o interese e mostrando unha oportunidade para as persoas desempregadas.||es=La segunda de las jornadas de presentación del proyecto EmpregaTex tuvo lugar en Lalín.

Xornada de presentación do proxecto en Vigo

[lang]gl=O martes 23 de marzo tivo lugar ás 11.00 a presentación do proxecto EmpregaTex en Vigo. A xornada a que acudiron máis de 140 persoas interesadas no proxecto contou coa participación da Xunta de Galicia a través da Consellería de Traballo, a UAFSE (Unidad Administradora do Fondo Social Europeo), COINTEGA - Cluster Textil Moda (Confederación de Industrias Textiles de Galicia) e os sindicatos UGT de Galicia e Comisións Obreiras de Galicia.

Rolda de prensa de presentación do proxecto

[lang]gl=O luns 15 de marzo de 2010 tivo lugar ás 12.30 na Consellería de Traballo e Benestar a rolda de prensa de presentación do proxecto EmpregaTex. A rolda de prensa foi presentada por a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra.||es=El lunes 15 de marzo de 2010 tuvo lugar a las 12.30 en la Consellería de Traballo e Benestar la rueda de prensa de presentación del proyecto EmpregaTex.

Logo do proxecto EmpregaTex

A continuación poderá descargar o logo do proxecto.