EmpregaTex

En Galicia tes unha nova oportunidade para o emprego

Este proxecto céntrase nun sector de actividade concreto, o téxtil - confección, e nun ámbito xeográfico específico: Galicia.

Ten a súa orixe nunha realidade social e económica existente na actualidade: a presenza dun elevado número de despedimentos de persoas traballadoras deste ámbito de actividade causado polo mercado e a necesidade de dar unha resposta rápida e eficaz para promover a inserción laboral destas persoas desempregadas a través de diferentes medidas que permitan, dunha maneira personalizada, adaptarse ás diversas situacións persoais e profesionais xeradas pola situación actual do sector.

O sector téxtil - confección

Algúns dos datos que poden reflectir a realidade do sector son os que se amosan na táboa que segue:

No primeiro semestre de 2009 foron 27 as empresas do sector que se viron obrigadas a solicitar un expediente de regulación de empleo (ERE) para recortar gastos e axustarse así á caída xeneralizada das vendas, que o sector estima nun 20%. Estas solicitudes afectan a 818 persoas traballadoras, case o triple dos 275 empregos regulados no téxtil en todo o ano 2008.

EmpregaTex pretende crear recursos de fomento da reinserción laboral especificamente orientados ás problemáticas das persoas que foran despedidas ao longo dos últimos meses no sector téxtil – confección, velando polo carácter personalizado destas, xa que o obxectivo final do proxecto é o defortalecer a inserción laboral.

DESCARGAR TRÍPTICO COA INFORMACIÓN DO PROXECTO