Xornada de peche de itinerarios e resultados de Empregatex

Xornada de peche de itinerarios e resultados de Empregatex

O mércores 1 de febreiro de 2012 tivo lugar no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia a presentación do balance de resultados do proxecto Empregatex.

A conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e o conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, fixeron un balance do que se extrae que 500 persoas recibiron orientación laboral e 200 foron reinsertadas laboralmente.