FEAG

logo FEAG

O Fondo Europeo de Adaptación a la Globalización (FEAG) ten como obxectivo apoiar os traballadores, en especial nas rexións e sectores desfavorecidos pola apertura á economía globalizada.

O FEAG achega unha axuda individual, puntual e de tempo limitado aos traballadores persoal e severamente afectados por despedimentos provocados por transformacións profundas nos intercambios comerciais internacionais. Ao mesmo tempo, as medidas previstas polo Fondo teñen por obxecto axudar a estes traballadores a atopar un novo emprego e conservalo.

O FEAG reserva 500 millóns de euros ao ano para apoiar a reinserción e a reciclaxe profesional dos traballadores para os que existe un vínculo claro entre o despedimento e a globalización.

As actuacións financiadas polo FEAG son:

• A asistencia na procura dun emprego.

• A reciclaxe profesional a medida.

• A promoción do espírito empresarial.

• A asistencia con vistas ao establecemento por conta propia.

• Os «complementos de renda» especiais vinculados ao traballo de duración limitada.

O FEAG intervén para complementar accións dos Estados membro nos ámbitos nacional, rexional e local, e das empresas en virtude da lexislación nacional e dos convenios colectivos.

O FEAG é un fondo de carácter solidario e non un fondo de reacción rápida destinado a facer fronte a unha situación de emerxencia ou de crise.