UAFSE

logo UAFSE A  Unidade Administradora del Fondo Social Europeo (UAFSE) é o organismo responsable de administrar os recursos procedentes do Fondo Social Europeo en España.

A UAFSE sitúase no Ministerio de Traballo e Inmigración, que ten asignada a competencia nacional en materia de emprego, a través da Secretaría Xeral de Emprego.

As funcións da UAFSE son: 

• Promover accións encamiñadas ao cumprimento dos obxectivos do FSE en España.

• Intervir na negociación coa Comisión Europea do contido da programación do FSE.

• Coordinar as institucións nacionais, autonómicas e/ou locais, con competencia en materia de recursos humanos, para a elaboración e posta en marcha das distintas intervencións.

• Examinar se as solicitudes de axuda formuladas cumpren os requisitos esixidos pola normativa vixente e se se inscriben no marco da política nacional de emprego.

• Tramitar ante a Comisión Europea as solicitudes de axuda.

• Tramitar, como autoridade pagadora, as solicitudes de pago derivadas do desenvolvemento das accións cofinanciadas.

• Controlar e avaliar as accións que reciban axuda do Fondo Social Europeo para garantir o bo fin destas, de conformidade co establecido na normativa comunitaria.

• Velar polo cumprimento das obrigacións de información e de publicidade das distintas intervencións cofinanciadas e de difusión dos logros e resultados obtidos.