Cointega

logo CointegaCOINTEGA ten como obxectivo primordial a representación, xestión, promoción e defensa dos intereses comúns do sector téxtil, confección e moda de Galicia.

Entre as súas funcións destacan as seguintes:

• O establecemento de servizos propios, de interese común para as empresas asociadas.

• O incentivo das actividades máis convenientes para a mellor formación dos empresarios asociados e do seu persoal.

• A defensa da libre iniciativa, de xeito que contribúa para a vixencia da empresa privada.

• O asesoramento e defensa dos intereses do sector da confección e punto.

• A representación, negociación e xestión dos apoios colectivos ante as administracións autónomas e centrais.

• O asesoramento sobre cuestións relacionadas coa calidade e o medio natural.

A Asociación de Industrias de Punto e Confección (Lugo, Ourense e Pontevedra) abrangue as tres provincias que o seu propio nome indica.

Forma parte desta asociación calquera empresa que se rexa polo Convenio Nacional da Industria Téxtil e da Confección e que se asocie voluntariamente.

Entre os servizos que ofrece destacan:

• Asesoramento e defensa dos intereses do sector da confección.

• Información ás empresas asociadas de todo o que está relacionado co sector téxtil: convencións, leis, vacacións, normativas etc.

• Representación, negociación e xestión dos apoios colectivos ante as administracións, centrais e autonómicas.

• Negociación e xestión de todo o relacionado coa calidade e o medio natural.

• Realización de cursos de formación continuos para traballadores en activo nas empresas asociadas.

• Organización de actos (conferencias e seminarios) para as empresas asociadas, en colaboración con outros organismos.

• Promoción, supervisión e control da creación de grupos entre as súas empresas asociadas, para a consecución de obxectivos comúns.

• Promoción da internacionalización.