Xunta de Galicia

A participación da Xunta de Galicia neste proxecto canalízase a través de dúas consellerías:

 • Consellería de Traballo e Benestar: logo Consellería de Traballo e Benestar 

Correspóndelle á Dirección Xeral de Relacións Laborais, dependente desta consellería, a dirección, coordinación, control e execución das competencias da comunidade autónoma en materia laboral, seguridade e saúde laboral, responsabilidade social empresarial, cooperativas e entidades de economía social, sen prexuízo das competencias atribuídas a outros departamentos do Xunta de Galicia.

 • Consellería de Economía e Industria:

logo Consellería de Economía e Industria A Consellería de Economía e Industria é o órgano ao que lle corresponde o exercicio das competencias e funcións nos ámbitos de promoción e dinamización económica, investigación, desenvolvemento e innovación, industria, seguridade industrial, metroloxía, metais preciosos, enerxía, minas, artesanía, comercio interior e exterior, consumo, así como a planificación, en colaboración coa consellería competente en materia de vivenda e solo, das infraestruturas dos servizos empresariais do solo industrial.

O exercicio das competencias realizarase sen prexuízo das que teñan atribuídas outras institucións ou departamentos da Xunta de Galicia, nas mesmas materias, mediante o establecemento dos mecanismos de coordinación que resulten oportunos.