TexMellora

Este programa ten como obxectivo orientar as persoas desempregadas do sector téxtil - confección cara a outras ocupacións de maior valor engadido dentro do sector.

Trátase de que as profesións relacionadas co deseño, a administración, a tecnoloxía, a distribución e a loxística, as marcas etc., que apenas se viron afectadas pola deslocalización poidan acoller a persoal desempregado deste mesmo sector, unha vez este reciba a formación necesaria para que a súa adaptación sexa viable e se faga con garantías.

Solicita a túa participación no proxecto