TexCreación

Este programa ten como obxectivo a promoción do autoemprego, de cooperativas e pemes en xeral como forma de lograr un posto de traballo.

Trata de motivar as persoas que perderon o seu emprego cara á cultura emprendedora e cara á creación de empresas.

Un dos sectores en que se considera conveniente fomentar o cooperativismo é o dos servizos sociais, posto que é un ámbito de traballo con capacidade de creación de emprego, dadas as características de Galicia e a súa poboación: tentaranse aproveitar recursos existentes na comunidade que poidan adaptarse aos obxectivos e medidas deste programa, aínda que é previsible que exista a necesidade de introducir dispositivos.

Solicita a túa participación no proxecto