MoveTex

O obxectivo deste programa é a articulación dunha serie de bolsas de axuda económica á mobilidade para a realización de formación, de maneira que se favorezan os desprazamentos dos participantes.

Este aspecto é especialmente importante en Galicia, dada a dispersión xeográfica existente, que obriga á realización dun elevado número de desprazamentos con moita frecuencia.

Estas axudas poderán ir dirixidas ben á persoa beneficiaria directamente, mediante cheques de axuda, ben a pagar recursos que fomenten a mobilidade, por exemplo, gastos derivados de desprazamentos.

Solicita a túa participación no proxecto