TexConcilia

A conciliación da vida laboral, familiar e persoal ten unha especial incidencia nun proxecto destas características, pois un cambio de posto de traballo implica non só cambios de carácter laboral, senón tamén familiar e persoal, na medida en que pode supor xornadas laborais distintas e, por conseguinte, modificacións na distribución do tempo, desprazamentos ata o novo posto de traballo etc.

Este programa propón contribuír á conciliación co fin de fomentar a inserción laboral a través de bolsas de axuda económica. Unha parte destas podería consistir nunha axuda directa aos seus beneficiarios, a través dun cheque de axuda, mentres que outra se podería pór a disposición de recursos para conciliación.

Solicita a túa participación no proxecto